domingo, 14 de junio de 2020

1º Educación Primaria (fin de curso)

Hello!

Ola, familias!

Remata este curso 2019/2020 sen poder despedirnos persoalmente nas aulas, e cunha sensación moi rara á que non estamos acostumados.

Esta semana xa non vos propoño ningunha tarefa, pero si organicei unha videoconferencia con cada grupo para vervos e desexarvos un bo verán. Para @s que non poidades ou non queirades conectarvos, deséxovos que pasedes unhas moi boas vacacións, xa que o merecedes moitísimo. Pasádeo moi ben estes dous meses que tedes por diante! 😊

A videoconferencia será a través de Webex, como fixemos a outra vez. Aquí tedes un titorial por se non vos acordades cómo funciona:

Os datos para cada un dos grupos son os seguintes:


1ºA

Data:                                         mércores 17 de xuño

Hora:                                         11:00 h



Número de reunión:
121 571 5791

Contraseña:
QiEanKHX272



1º B

Data:                                          mércores 17 de xuño

Hora:                                         12:00 h



Número de reunión:
121 492 7855

Contraseña:
DZrz6TBNT35



Quero aproveitar tamén esta última entrada do blog para recordarvos cómo se calcula a nota final de inglés. A semana do 25 de maio pedinvos unhas actividades voluntarias para subir 0,5 a nota final e vos remitía á información sobre a nota final na adaptación da programación (páxina 19). Como xa sabedes e se explica nese documento, a cualificación final de inglés é calculada do seguinte xeito:

[(Cualificación do 1º trimestre X 0,4) + (Cualificación do 2º trimestre X 0,6)] 

Esa nota resultante podía incrementarse en 0,5 entregando as actividades solicitadas a semana do 25 de maio (para as que vos dei dúas semanas para entregarmas). 

Aclaro que un alumno que no primeiro trimestre obtivera un 6 e no segundo un 7, tería de nota media un 6,6, que podería incrementar cun 0,5 entregando os traballos solicitados e pasando así a obter un 7,1, polo que lle quedaría de nota final un 7. No caso de non entregar esas actividades das que falamos, a súa nota final será un 6, xa que non conseguiu o 0,5 adicional por entrega dos traballos pedidos (os únicos que vos solicitei para valorar, xa que dos outros fun poñendo semanalmente as solucións no blog).

Por último, aproveito para agradecervos ás familias todo o traballo que levastes a cabo cos vosos fillos e coas vosas fillas neste tempo. 

Espero que pasedes tod@s unhas moi boas vacacións!

Unha aperta forte!

Teacher Emma 😊




No hay comentarios:

Publicar un comentario