domingo, 14 de junio de 2020

Educación Infantil (fin de curso)

Hello!

Ola, familias!

Remata este curso 2019/2020 sen poder despedirnos persoalmente nas aulas, e cunha sensación moi rara á que non estamos acostumados.

Esta semana xa non vos propoño ningunha tarefa, xa que hoxe abren de novo os parques infantís e necesitades xogar ao aire libre máis que nada no mundo! 😊

Aproveito esta entrada para agradecervos ás familias todo o traballo que levastes a cabo cos vosos e as vosas peques durante todo este tempo.

No verán podedes seguir en contacto co inglés vendo debuxos  ou escoitando algunha canción nesta lingua de vez en cando, se vos apetece.

Recórdovos uns enlaces que vos poden ser de utilidade (ademais de todos os que vos fun poñendo durante este tempo):

a) Debuxos animados:

Let's clan (moitas series de debuxos animados en inglés)

b) Cancións:



Deséxovos a tod@s un moi bo verán e que @s vos@s fill@s o disfruten ao máximo, xa que este ano o merecen máis ca nunca. Pasade unhas vacacións estupendas!

Unha aperta moi forte!

Teacher Emma 😊



No hay comentarios:

Publicar un comentario